Envío gratuíto a partir de 100€
Somos Dori e Jorge, dous enxeñeiros de formación que decidimos dar un xiro ás nosas vidas para converter a nosa paixón no noso proxecto vital.
Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.
Este é o noso viño máis xove, fresco e desenfadado. Un adianto de colleita pensado para un desfrute máis inmediato ideal para compartir con amigos ou familia.
Facemos viño, si, e vermú, tamén, pero non queda aí a cousa. Ofrecemos infinidade de actividades e experiencias orixinais e divertidas para calquera que se queira achegar a coñecernos na nosa adega. Coñece toda a nosa oferta de experiencias e realiza a túa reserva na sección de enoturismo.
Un espazo reservado para quen quere seguir de primeira man as novidades e as experiencias que creamos arredor do viño, do vermú e do territorio. Como parte de SON de Celme, terás acceso a:
– Invitacións a eventos e experiencias de enoturismo.
– Acceso anticipado a novas colleitas e edicións especiais.
– Descontos e vantaxes exclusivas
– Sorteos de experiencias na adega e lotes de viños e vermús ecolóxicos.
Forma parte do que somos.
No ano 2019 empezamos a traballar a nosa viña 100% segundo os criterios de agricultura ecolóxica. Despois dun longo proceso de certificación e de numerosas e rigorosas inspeccións do noso traballo por fin os viños da colleita 2022 e posteriores contan xa co selo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)
Deixámosvos información sobre eventos e turismo, todo no Blog