Celme é xaora, a nosa casa, o noso viño.

Somos Dori e Jorge, dous enxeñeiros de formación que decidimos dar un xiro ás nosas vidas para converter a nosa paixón no noso proxecto vital.

Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.

Os nosos viños

Celme do Souto

25,00 (IVA incl.)

Viño tinto

Este viño pretende ser unha fiel expresión do noso terruño e das nosas castes cós matices e a complexidade engadida que lle aporta unha sutil crianza en barrica. O resultado é un viño complexo e de gran potencial de garda, onde a presencia das notas frutais e florais compleméntanse con suaves aromas secundarios provintes da madeira.

Celmú Branco

20,00 (IVA incl.)

Vermú

Para desfrutar durante o aperitivo ou a sobremesa. A aromatización artesanal cunha amplia gama de herbas e especias fai que non deixe a naide indiferente. Un vermú único que sobre a base dun bon viño suma múltiples e complexos aromas. O suave dulzor e amargor final fano unha bebida extremadamente versatil e que gusta ata ós menos vermuteiros.

 

Celme tostado

64,00 (IVA incl.)

Sen dúbida a nosa elaboración máis especial, complexa e singular. Un viño asentado sobre a historia e a tradición milenarias do Ribeiro e considerado un dos mellores viños do mundo. Ningún detalle queda sen controlar minuciosamente durante todo o proceso: vendima, secado, fermentación e crianza. Un esforzo titánico e continuado que se traduce en un viño que é imposible describir simplemente con palabras.

Celme Garabito

29,00 (IVA incl.)

Viño branco

Para unha ocasión especial. A estrutura da Treixadura e a aromaticidade da Loureira medran exponencialmente en complexidade e intensidade durante a crianza en barrica. Unha acidez ben equilibrada e o traballo de lías aportan frescura, cremosidade e untuosidade que completan un viño sabroso, sutil e redondo.

Celme Espontáneo

22,00 (IVA incl.)

Estamos ante un viño simplemente irrepetible. Trátase dunha fermentación espontánea, un viño feito a si mesmo sen intervención algunha. É o resultado dun proceso longo, cuns tempos case xeolóxicos, no que o noso único mérito consiste en saber agardar. É un viño complexo, longo, profundo e nostálxico pois no leva a un tempo pretérito onde a natureza e os seus ritmos o dominaban todo.

 

Celme do Vintecatro

22,00 (IVA incl.)

Un viño singular dunha colleita moi especial. Un 100% Godello dos nosos socalcos nacido nunha data moi especial. Unha colleita única dunha das nosas variedades predilectas que se presenta sen necesidade de ningún complemento. Frescura, complexidade, intensidade e tipicidade varietal en uns niveis difíciles de repetir. É tamén o primeiro dos nosos viños obtido íntegramente segundo criterios de viticultura ecolóxica.

Celme da pena bicada

18,00 (IVA incl.)

Viño branco

Con este viño pretendemos obter a máxima expresión das nosas castes para o cal elaboramos cada unha por separado no seu momento exacto de maduración e posteriormente realizamos a ensamblaxe nas proporcións que consideramos máis adecuadas. O resultado é un viño complexo e de múltiples matices, de longo percorrido á vez que amable e que invita a desfrutar dunha botella en boa compañía.

Enoturismo

Facemos viño, si, e vermú, tamén, pero non queda aí a cousa. Ofrecemos infinidade de actividades e experiencias orixinais e divertidas para calquera que se queira achegar a coñecernos na nosa adega. Coñece toda a nosa oferta de experiencias e realiza a túa reserva na sección de enoturismo.

Agricultura Ecolóxica

No ano 2019 empezamos a traballar a nosa viña 100% segundo os criterios de agricultura ecolóxica. Despois dun longo proceso de certificación e de numerosas e rigorosas inspeccións do noso traballo por fin os viños da colleita 2022 e posteriores contan xa co selo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

E ti, xa nos segues?

Contacto

Estamos encantados de atendervos

+34 988 48 91 90

Falar por whatsapp

Rua Astariz, 22, 32430 Astariz, Ourense