Free shipping from 100€

O tostado do Ribeiro é un viño tradicional, considerado o rei dos viños galegos

No Ribeiro tamén están estes días en plena vendima. Alí elaboran de xeito tradicional un dos viños máis peculiares e escasos de Galicia: o tostado do Ribeiro. Imos coñecer hoxe como é de delicado e longo o proceso de produción do considerado desde hai séculos o rei dos viños galegos.

O viño tostado do Ribeiro é un viño doce, considerado unha xoia enolóxica, cunha produción laboriosacomplexa e moi escasa. Malia ter unha longa tradición na Denominación de Orixe do Ribeiro agora son a penas catro ou cinco adegas as que o seguen a elaborar.  Unha delas é a Adegas Celme, situada no concello ourensán de Castrelo de Miño. Xa coa vendima feita, seleccionaron do seu viñedo os mellores acios de uva branca das variedades autóctonas treixadura e loureira.

VER NOTICIA COMPLETA →

No Comments

POST A COMMENT