
O tostado do Ribeiro é un viño tradicional, considerado o rei dos viños galegos
26 de Junio de 2024Adegas Celme, Adegas Ribeiro, Agricultura Ecolóxica, Gastronomía, Telexornal, Tostado do Ribeiro
No Ribeiro tamén están estes días en plena vendima. Alí elaboran de xeito tradicional un dos viños máis peculiares e escasos de Galicia: o tostado do Ribeiro. Imos coñecer hoxe como é de delicado e longo o proceso de produción do considerado desde hai séculos o rei dos viños galegos.
O viño tostado do Ribeiro é un viño doce, considerado unha xoia enolóxica, cunha produción laboriosa, complexa e moi escasa. Malia ter unha longa tradición na Denominación de Orixe do Ribeiro agora son a penas catro ou cinco adegas as que o seguen a elaborar. Unha delas é a Adegas Celme, situada no concello ourensán de Castrelo de Miño. Xa coa vendima feita, seleccionaron do seu viñedo os mellores acios de uva branca das variedades autóctonas treixadura e loureira.