Somos Dori e Jorge, dous enxeñeiros de formación que decidimos dar un xiro ás nosas vidas para convertir a nosa paixón no noso proxecto vital. Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños son o resultado dun traballo minucioso e respetuoso co medio ambiente, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños de excelente calidade.

Os Nosos Viños

comprar vino ribeiro
2017

CELME DO SOUTO

ELEGANCIA E LONXEVIDADE

Para desfrutalo durante moito tempo. Gran intensidade de color e aromas, onde se mesturan a potencia e a froita da Sousón coa sutileza e a complexidade da Brancellao. Todo ben ensamblado cunha lixeira crianza en madeira que aporta estrutura e lonxevidade.

Vino Blanco Ribeiro Celme
2017

CELME DE PENA BICADA

COMPLEXIDADE E FRESCURA

Para beber en boa compañía. Cada variedade transfórmase por separado, o que permite que todas elas alcancen a máxima expresión do seu potencial. Treixadura e Godello dan estrutura  e froita, Albariño e Loureira aportan múltiples aromas que abundan nunha gran complexidade e intensidade. Unha acidez equilibrada aporta un final longo e fresco.

Vino Blanco Ribeiro Celme
Garabito
2017

CELME GARABITO

SUAVIDADE E POTENCIA

Para unha ocasión especial. A estructura da Treixadura e a aromaticidade da Loureira medran exponencialmente en complexidade e intensidade durante a crianza en barrica. Unha acidez ben equilibrada e o traballo de lías aportan frescura, cremosidade e untuosidade que completan un viño sabroso, sutil e redondo.

2017

CELMÚ

INTENSIDADE E AROMATICIDADE

Para disfrutar durante o aperitivo ou a sobremesa. A aromatización artesanal cunha amplia gama de herbas e especias fai que non deixe a naide indiferente. Un vermú único que sobre a base dun bon viño suma múltiples e complexos aromas. O suave dulzor e amargor final fano unha bebida extremadamente versatil e que gusta ata ós menos vermuteiros.”

Celmú

VISITA A NOSA ADEGA

E TI, XA NOS SEGUES?

feder xunta de galicia igape