Para explicar os nosos viños temos que explicar primeiro o noso viñedo. Un total de 2 ha nas ladeiras do río Miño repartidas en dúas fincas: Pena Bicada de 1,5 ha e O Souto de 0,5 ha que dan nome ós nosos viños. As nosas fincas contan únicamente con castes autóctonas sobre un chan de roca granítica meteorizada (xabre). A orientación do viñedo cara ó norte permite protexer as uvas da intensa calor do verán garantizando unhas condicións óptimas de maduración. Os socalcos nas zonas máis altas de Pena Bicada permiten unha mellor ventilación e distribución da humidade no solo. Traballamos duro todo o ano para garantir que cada cepa está nas mellores condicións. Na vendima escollemos manualmente e coidadosamente o mellor de cada planta e de cada acio. O resultado son viños de cantidades moi limitadas que transmiten a personalidade das nosas castes, a riqueza do noso chan e a delicadeza do noso traballo, todo iso marcado pola climatoloxía de cada colleita que fai de cada botella unha experiencia única.
Co fin de obter a máxima expresión das nosas uvas, elaboramos cada variedade por separado no seu punto exacto de maduración. Posteriormente realizamos a ensamblaxe nas proporcións que consideramos máis adecuadas. O resultado é un viño complexo e de múltiples matices, de longo percorrido á vez que amable e que invita a desfrutar dunha botella en boa compañía.
Treixadura 50%
Godello 30%
Albariño 10%
Loureira 10%
Tipo: Branco
Alcohol: 12,5 %
750 ml.
Ed. Limitada: 6.250 bt.
Este viño pretende ser unha fiel expresión do noso terruño e das nosas castes cós matices e a complexidade engadida que lle aporta unha leve crianza en barrica. O resultado é un viño complexo e de gran potencial de garda, onde a presenza das de froita e frores compleméntase con suaves aromas secundarios que proveñen da madeira.
Sousón 80%
Brancellao 20%
Tipo: Tinto
Alcohol: 13%
750 ml.
Ed. Limitada: 2.550 bt.