Visitas Adegas Celme

Facemos viño, si, e vermú, tamén, pero non queda aí a cousa. Ofrecemos infinidade de actividades e experiencias orixinais e divertidas para calquera que se queira achegar a coñecernos na nosa adega. Coñece toda a nosa oferta de experiencias e realiza a túa reserva na sección de enoturismo.

VISITA E DEGUSTACIÓN

Visita a nosa adega e viñedos con degustación de 2 viños.

Prezo: 14,50€ / persoa

Goza das vistas do val do Miño dende o miradoiro de Pena Bicada, coñece as diferentes variedades de uva, as fases do viñedo e as súas peculiaridades, en qué consiste o traballo ecolóxico, a forma de elaborar os nosos viños, e degústaos nunha contorna privilexiada rodeada de viñedos.

  • Menores acompañados de balde
  • Máximo 15 persoas
  • Duración aproximada: 1h

CATA MARIDAXE

Un pequeno percorrido por Galiza da man dos nosos viños e unha coidada selección dos mellores produtos do noso mar e a nosa terra.

Prezo: 29€ / persoa

Unha selección dos mellores panes, queixos, conservas e embutidos da nosa terra, acompañando a unha selección dos nosos viños. Todo ecolóxico e de proximidade. Se che gustan os produtos da terra aquí tes a mellor opción.

  • Menores acompañados 17,50€
  • Mínimo 2 persoas / Máximo 10 persoas
  • Duración aproximada: 2h

1 VIÑO 3 COLLEITAS

Fai un recorrido pola historia do noso proxecto a través dos nosos viños. Cada colleita é distinta pero todas teñen un elemento en común: que melloran có tempo.

Prezo: 34,50€ persoa

Aprecia as diferenzas de cada colleita e goza descubrindo a evolución de cada un dos viños. Revive ó mesmo tempo a historia da nosa adega a través de cada ano: a nosa primeira colleita; o transición a ecolóxico; a  distintas melloras introducidas e as dificultades có mildiu, a sarabia e as xeadas en algúns casos.

  • Menores de balde
  • Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
  • Duración aproximada: 2 h

TALLER ELABORACIÓN DE VERMÚ

Descubre como se elabora o noso vermú artesanal e fai ti mesmo unha pequena edición para que che mandaremos despois á casa.

Prezo: 39€ /persoa

Coñece todas as herbas e especias que empregamos no proceso de elaboración do Celmú e crea a túa propia receita para desfrutar despois na túa casa.

  • Menores acompañados 14,50€
  • Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
  • Duración aproximada: 2 h

TALLER DE CASTES AUTÓCTONAS

Coñece as nosas castes autóctonas e aprende e aprende a diferencialas na viña e na copa.

Prezo: 25€ / persoa

Cada unha das nosas castes ten unhas características que as fan únicas e diferentes entre sí. Aprende as súas características físicas e as diferencias entre elas a nivel enolóxico.

  • Menores acompañados 14,50€
  • Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
  • Duración aproximada: 2 h

VISITA A LAGAR MILENARIO

Visita a nosa adega e viñedos con excursión e degustación no lagar milenario do castro de Santa Lucía.

Prezo 25 €/persoa

Xa no século I D.C. facíase viño en Astariz, moi preto da nosa adega. Propoñémosche unha excursión entre viñedos e bosque autóctono ata chegar ao castro de Santa Lucía, un enclave máxico no que poderás gozar dos nosos viños á beira dun lagar milenario.

  • Menores acompañados 14,50€.
  • Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
  • Duración aproximada: 2 h

¡VIVA O VIÑO!

Fai un recorrido pola historia do noso proxecto a través dos nosos viños. Cada colleita é distinta pero todas teñen un elemento en común: que melloran có tempo.
Prezo: 34,50€ persoa

Aprecia as diferenzas de cada colleita e goza descubrindo a evolución de cada un dos viños. Revive ó mesmo tempo a historia da nosa adega a través de cada ano: a nosa primeira colleita; o transición a ecolóxico; as distintas melloras introducidas e as dificultades có mildiu, a sarabia e as xeadas en algúns casos.
*Menores de balde
*Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
*Duración aproximada: 2,5 h