[rev_slider alias="main_home"]

Somos Dori e Jorge, dous enxeñeiros de formación que decidimos dar un xiro ás nosas vidas para converter a nosa paixón no noso proxecto vital.
Celme, a nosa adega nace no ano 2016 na D.O. Ribeiro na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño). Os nosos viños contan con certificación ecolóxica e son o resultado dun traballo moi minucioso, utilizando exclusivamente castes autóctonas para elaborar viños especiais e únicos.

Os Nosos Viños

2017

CELME ESPONTÁNEO

AUTENTICIDADE E SINXELEZA

“Para os nostálxicos e os curiosos da alquimia da fermentación ofrecemos aquí un viño irrepetible. A fermentación espontánea aporta personalidade e autenticidade. A mestura das nosas variedades brancas é a fonte da súa complexidade que se magnifica durante as longas crianzas sobre lías, en aceiro e en botella. O resultado é un viño rico en matices, longo e profundo que nos leva a un tempo pasado no que a forma de facer as cousas era simplemente diferente.”

2018

CELME DO SOUTO

ELEGANCIA E LONXEVIDADE

Para desfrutalo durante moito tempo. Gran intensidade de color e aromas, onde se mesturan a potencia e a froita da Sousón coa sutileza e a complexidade da Brancellao. Todo ben ensamblado cunha lixeira crianza en madeira que aporta estrutura e lonxevidade.

2018

CELME DE PENA BICADA

COMPLEXIDADE E FRESCURA

Para beber en boa compañía. Cada variedade transfórmase por separado, o que permite que todas elas alcancen a máxima expresión do seu potencial. Treixadura e Godello dan estrutura  e froita, Albariño e Loureira aportan múltiples aromas que abundan nunha gran complexidade e intensidade. Unha acidez equilibrada aporta un final longo e fresco.

2018

CELME GARABITO

SUAVIDADE E POTENCIA

Para unha ocasión especial. A estrutura da Treixadura e a aromaticidade da Loureira medran exponencialmente en complexidade e intensidade durante a crianza en barrica. Unha acidez ben equilibrada e o traballo de lías aportan frescura, cremosidade e untuosidade que completan un viño sabroso, sutil e redondo.

2018

CELMÚ

INTENSIDADE E AROMATICIDADE

Para desfrutar durante o aperitivo ou a sobremesa. A aromatización artesanal cunha amplia gama de herbas e especias fai que non deixe a naide indiferente. Un vermú único que sobre a base dun bon viño suma múltiples e complexos aromas. O suave dulzor e amargor final fano unha bebida extremadamente versatil e que gusta ata ós menos vermuteiros.”

ENOTURISMO

Facemos viño, si, e vermú, tamén, pero non queda aí a cousa. Ofrecemos infinidade de actividades e experiencias orixinais e divertidas para calquera que se queira achegar a coñecernos na nosa adega. Coñece toda a nosa oferta de experiencias e realiza a túa reserva na sección de enoturismo.

AGRICULTURA ECOLÓXICA

No ano 2019 empezamos a traballar a nosa viña 100% segundo os criterios de agricultura ecolóxica. Despois dun longo proceso de certificación e de numerosas e rigorosas inspeccións do noso traballo por fin os viños da colleita 2022 e posteriores contan xa co selo do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

E TI, XA NOS SEGUES?

[insta-gallery id=”1″]