Visitas Adegas Celme

Abrimos as portas da nosa adega e viñedos para compartir a nosa pasión pola viticultura, acercarvos un pouco máis a nosa historia, e por suposto para compartir con vós os nosos viños. Ven coñecernos e aprender un pouco máis sobre o noso proxecto.

CELME PARA TODAS

Ven a desfrutar dunha xornada en familia con actividades para todos os públicos.

Prezo: 22€ / persoa

Aprende los distintos procesos de la viticultura ecológica, conoce las distintas variedades y juega con nosotros para aprender sobre los distintos aromas y sensaciones asociadas a nuestros vinos y vermú. *Menores acompañados 17,50€ *Máximo 10 personas *Duración aproximada: 2 h

SABORES E TEXTURAS

Estimula os teus sentidos cunha proposta creativa e diferente de maridaxe dos nosos viños e vermú.

Prezo: 29€ / persoa

Aromas, sabores e texturas combinados sen prexuízos e sen ideas preconcibidas. Unha visita pensada simplemente para experimentar e desfrutar.

*Menores acompañados 17,50€

*Mínimo 2 persoas

*Máximo 10 persoas

*Duración aproximada: 2,5 h

FAINO TI MESMO

Coñece os traballos que implica cultivar un viñedo en ecolóxico e prepárate para desfrutar con nós do noso día a día.

Prezo: 25€ / persoa

 

Participa con nós das tarefas propias de cada época: a poda, a rodriga, a enrama, o esfollado, o despuntado e finalmente a vendima.

*Menores acompañados 14,50€

*Mínimo 2 persoas

*Máximo 10 persoas

*Duración aproximada: 3 h

NON ERES VERMUTEIRA? OU SI?

Descubre como se elabora o noso vermú artesanal e fai ti mesmo unha pequena edición para que che mandaremos despois á casa.
Prezo: 39€ /persoa

Coñece todas as herbas e especias que empregamos no proceso de elaboración do Celmú e crea a túa propia receita para desfrutar despois na túa casa.
*Menores acompañados 14,50€
*Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
*Duración aproximada: 3 h

O MELLOR DE AQUÍ

Un pequeno percorrido por Galiza da man dos nosos viños e unha coidada selección dos mellores produtos do noso mar e a nosa terra.
Prezo: 29€ persoa

Unha selección dos mellores panes, queixos, conservas e embutidos do nosa terra, acompañando a unha selección dos nosos viños. Todo ecolóxico e de proximidade. Se che gustan os produtos da terra aquí tes a mellor opción.
*Menores acompañados 17,50€
*Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
*Duración aproximada: 2,5 h

VISITA MILENARIA

Visita a nosa adega e viñedos con excursión e degustación no lagar milenario do castro de Santa Lucía. Prezo 25 €/persoa

Xa no século I D.C. facíase viño en Astariz, moi preto da nosa adega. Propoñémosche unha excursión entre viñedos e bosque autóctono ata chegar ao castro de Santa Lucía, un enclave máxico no que poderás gozar dos nosos viños á beira dun lagar milenario.

* Menores acompañados 14,50€.

* Mínimo 2 persoas.

* Máximo 10 persoas

VISITA E DEGUSTACIÓN

Visita a nosa adega e viñedos con degustación de 2 viños. Prezo 14,50 €/persoa

Goza das vistas do val do Miño desde o miradoiro de Pena Bicada, coñece as diferentes variedades de uva, as fases do viñedo e as súas peculiaridades, a forma de elaborar os nosos viños, e degústaos nunha contorna privilexiada rodeada de viñedos.

* Menores acompañados de balde

* Máximo 15 persoas

¡VIVA O VIÑO!

Fai un recorrido pola historia do noso proxecto a través dos nosos viños. Cada colleita é distinta pero todas teñen un elemento en común: que melloran có tempo.
Prezo: 34,50€ persoa

Aprecia as diferenzas de cada colleita e goza descubrindo a evolución de cada un dos viños. Revive ó mesmo tempo a historia da nosa adega a través de cada ano: a nosa primeira colleita; o transición a ecolóxico; as distintas melloras introducidas e as dificultades có mildiu, a sarabia e as xeadas en algúns casos.
*Menores de balde
*Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
*Duración aproximada: 2,5 h