20,00€ (IVA incl.)
Pretendemos recuperar a esencia e a elaboración tradicional do vermú incorporando especias e herbas aromáticas aos nosos viños nunha infusión artesanal. O resultado é un vermú que non deixa indiferente. O uso dun bo viño base permítenos manter a frescura e a acidez, complementándose á súa vez coa mestura de herbas que aportan potencia e complexidade aromática: herbáceas, froitos secos, especias e sabores tostados que se traducen nun amplo espectro de sensacións. O produto final é lixeiramente doce cun retrogusto amargo que invita a desfrutalo durante un aperitivo ou cunha boa sobremesa.
Os pedidos pódense facer de tres en tres botellas para completar o estoxo, engada as botellas que queira de cada viño no carro. Para poder completar o pago é necesario ter un múltiplo de 3 botellas no carro. (3,6,9, etc)