22,00€ (IVA incl.)
Unha nova fórmula para o noso Celmú de sempre. Sobre a nosa mestura de herbas e especias ecolóxicas engadimos as nosas variedades tintas Sousón e Brancellao para incrementar a potencia e modular levemente o amargor final. O resultado non ten comparación posible e seguro ningún dos teus sentidos permanecerá indiferente.
Os pedidos pódense facer de tres en tres botellas para completar o estoxo, engada as botellas que queira de cada viño no carro. Para poder completar o pago é necesario ter un múltiplo de 3 botellas no carro. (3,6,9, etc)
Esta entidade foi beneficiaria das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas.
O obxectivo principal destas axudas é incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradores de vantaxes competitivas.
O resultado que se pretende acadar é o impulso das pemes e dos seus produtos e servizos, aumentando o número de empresas de base exportadora.