Visita a nosa adega e viñedos con excursión e degustación no lagar milenario do castro de Santa Lucía.
Prezo 25 €/persoa
Xa no século I D.C. facíase viño en Astariz, moi preto da nosa adega. Propoñémosche unha excursión entre viñedos e bosque autóctono ata chegar ao castro de Santa Lucía, un enclave máxico no que poderás gozar dos nosos viños á beira dun lagar milenario.
- Menores acompañados 14,50€.
- Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
- Duración aproximada: 2 h