Envío gratuíto a partir de 100€

Visita a lagar milenario

Visita a nosa adega e viñedos con excursión e degustación no lagar milenario do castro de Santa Lucía.

Prezo 25 €/persoa

Xa no século I D.C. facíase viño en Astariz, moi preto da nosa adega. Propoñémosche unha excursión entre viñedos e bosque autóctono ata chegar ao castro de Santa Lucía, un enclave máxico no que poderás gozar dos nosos viños á beira dun lagar milenario.

  • Menores acompañados 14,50€.
  • Mínimo 2 persoas | Máximo 10 persoas
  • Duración aproximada: 2 h