Este viño pretende acadar a máxima expresión de cada unha das nosas variedades para o cal elaboramos cada unha por separado no seu momento exacto de maduración. Posteriormente realizamos a ensamblaxe nas proporcións que consideramos máis adecuadas. O resultado é un viño longo, complexo e de múltiples matices. Ten un longo percorrido na botella pero amósase amable e que invita a desfrutar dunha botella en boa compaña.
CLIMATOLOXÍA
Pluviometría media, acumulada nos meses de inverno e primaveira. Verán longo e moi seco o que favorece unha boa maduración, chegando á vendima con unha colleita de gran calidade e pouca cantidade de uva.
CARACTERÍSTICAS DO VIÑEDO
Viñedo de 15 anos de idade, chan de rocha granítica meteorizada (xabre), sistema de conducción en espaldeira.
ELABORACIÓN
Elaboramos cada variedade por separado, fermentación a temperatura controlada con levaduras autóctonas. Ensamblaxe posterior das variedades aproximadamente un mes antes do embotellado.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies y obtener más información AQUÍ.AceptarPolítica de Privacidad