Para explicar os nosos viños temos que explicar primeiro o noso viñedo. Un total de 2 ha nas ladeiras do río Miño repartidas en dúas fincas: Pena Bicada de 1,5 ha e O Souto de 0,5 ha que dan nome ós nosos viños. As nosas fincas contan únicamente con castes autóctonas sobre un chan de roca granítica meteorizada (xabre). A orientación do viñedo cara ó norte permite protexer as uvas da intensa calor do verán garantizando unhas condicións óptimas de maduración. Os socalcos nas zonas máis altas de Pena Bicada permiten unha mellor ventilación e distribución da humidade no solo. Traballamos duro todo o ano para garantir que cada cepa está nas mellores condicións. Na vendima escollemos manualmente e coidadosamente o mellor de cada planta e de cada acio. O resultado son viños de cantidades moi limitadas que transmiten a personalidade das nosas castes, a riqueza do noso chan e a delicadeza do noso traballo, todo iso marcado pola climatoloxía de cada colleita que fai de cada botella unha experiencia única.