Free shipping from 100€

Festival Espírito Ribeiro

Esta semana celébrase a IV Edición do Festival Espírito Ribeiro, un Festival de Sabores, Música, Viño e Produto de proximidade.
Presentouse a semana pasada na Casa de Galicia en Madrid. 

En Adegas Celme xa temos todo preparado para desfrutar con vós o sábado 29 de xuño en Castrelo de Miño.

Unha xornada chea de actividades e experiencias como música, gastronomía e viño!

Será a ocasión perfecta para vernos un ano máis e que desfrutedes dos nosos viños e vermús artesanais, que sabemos que vos encantan, nun ambiente extraordinario!

Ademais teremos a última incorporación ao noso catálogo de viños, que presentamos na anterior Feira de Viño do Ribeiro, e que tamén levaremos ao Espírito Ribeiro para que probedes: O Celme do 24, un viño branco monovarietal de Godello que non deixa de darnos alegrías.

Desfrutade da programación de concertos con calquera dos nosos viños e Celmús.

Un Celmú será unha moi boa opción para empezar a xornada e acompañar ás crianzas no concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona (18:00h), unha banda de música infantil que recolle os clásicos populares galegos co seu toque particular, facendo que os nenos sexan partícipes, cheo de bailes, xogos, coreografías e sempre con algunha que outra sorpresa.

Despois virá o concerto de Pancho Varona (20:30h) que xa non precisa presentación e que marida á perfección con calquera dos nosos viños brancos.

Compositor, guitarrista e produtor destacado da escena musical española, man dereita durante anos de Joaquín Sabina e artífice de éxitos para outros grandes artistas como Ana Belén, Víctor Manuel, Luz Casal, Quique González ou Christina Rosenvinge. Pacho Varona será o embaixador desta edición 2024 do Espírito Ribeiro.

E para rematar, un Celme do Souto para bailar ao ritmo de The Bigüis (22:00h), unha banda viguesa que interpreta versións de rock clásico e alternativo, desde os icónicos The Beatles ata Franz Ferdinand, pasando por un pouco de pop. É a conxunción perfecta de humor, bo ambiente e moito rock and roll!

Agardámosvos o vindeiro sábado 29 de xuño en Castrelo de Miño para desfrutar desta cuarta edición do Festiva Espírito Ribeiro e darlle a benvida ao verán!

Aquí os horarios das actuacións en cada un dos Concellos participantes do Festival:

28 xuño. A ARNOIA

  • 20:30 – 22:00: MICALIP´S
  • 22:30 – 0:00: ELTON SONG

29 xuño. CASTRELO DE MIÑO

  • 19:00 – 20:30: UXIA LAMBONA
  • 21:00 – 22:00: PANCHO VARONA
  • 22:30 – 0:10: THE BIGÜIS

30 xuño. CENLLE (Campo do Cabalo de Laias)

  • 19:00 – 20:15: ISIUS
  • 20:30 – 21:30: PANCHO VARONA
  • 21:45 – 23:15: DR SLUMP

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/002659/espirito-ribeiro-2024-presentase-casa-galicia-madrid