A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia está de 40 aniversario.
Un ano máis achégannos propostas diversas, inclusivas e festivas no corazón do Ribeiro. Haberá danza, espectáculos e artes de rúa e formas animadas, unha gran aposta polos espectáculos de público familiar, circo contemporáneo… Unha programación ampla e plural onde poderemos tamén desfrutar de documentais, coloquios, cursos e presentacións. Unha edición, a 40 MIT, para non deixar escapar!
Non imos listar todas as compañías e proxectos que estarán presentes pero por deixarvos algún podemos dicirvos que Nova Danza Galega, que comparte celebración de 40 aniversario coa MIT, virá presentar DIQUE, espectáculo dirixido por Marta Pazos e coreografiado por Belén Martí Lluch (colaboradora de artistas coma Albert Pla, La Tristura, Javier Calvo e Javier Ambrossi en “La Mesías” ou na nova biopic “Superestar” para Netflix, etc.), xunto cun equipo integramente de mulleres.
A MIT achéganos referentes na dramaturxia actual do resto do Estado e tamén de países coma Brasil, Chile ou Arxentina.
Clausurará esta 40ª edición, unha coprodución co Centro Dramático Nacional e Butaca Zero, Iribarne, unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente.
Ademais dos espectáculos, a MIT conta cunha serie de actividades que teñen como obxectivo fundamental a divulgación do coñecemento escénico, a cohesión territorial e social e a continuidade de procesos artísticos.
Foros, presentacións de libros, actividades de mediación, cursos en colaboración coa Asociación Galega de Clown, unha exposición, encontros da Academia Galega de Teatro ou a estrea do último documental de Xan Leira, son algúns exemplos das importantes actividades paralelas do festival.
Deixámosvos a programación completa para que poidades organizar ben a vosa axenda e atopedes o momento de vir, entre evento e evento, desfrutar dalgunha das nosas propostas de enoturismo a Adegas Celme!
Porque non imaxinamos mellor acompañamento para desfrutar da 40 MIT que a dun Celme.
PROGRAMA 40ª MIT RIBADAVIA 2024 – 19-27 XULLO
Día 19 // VENRES
20:00 Inauguración oficial da MIT 2024. Igrexa da Madalena.
21:00 – Ruadavia (Itinerante) – Nauta Teatro e Trópico de Grelos – Treboada – Galicia.
23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Dique– Nova Galega de Danza e CCG, co apoio da MIT – Galicia.
00:30 – Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas. Patio de Turismo. Museo Sefardí.
Día 20 // SÁBADO
12:30 – Igrexa da Madalena. Encontro-coloquio “Mulleres en danza”. Con Alice Ripoll e Belén Martí Lluch.
20:30 – A Franqueirán – Peixe – Hotel Iocandi-La maleta dels espectacles – Cataluña. (Programa SputMIT – satélites da MIT).
23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Zona Franca – Alice Ripoll & CIA. Suave – Brasil.
1:00 – Club Artístico – Deadpan Karaoke – Ibuprofeno – Galicia. (Sesión Golfa)
Día 21 // DOMINGO
13:00 – Salón de Actos da Casa do Concello – Acto de Entrega do Premio de Honra da Academia Galega de Teatro.
20:30 – Igrexa da Madalena – Programación expandida – Residencias Paraíso: The miracle worker, de Desgarradura – Galicia-Madrid.
23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Paüra – Compañía Lucas Escobedo – Comunidade Valenciana.
00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.
Día 22 // LUNS
11:00-14:00 e 16:00-19:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de Darkclown con Peta Lily. Nivel 1.
20:30 – Francelos – Glubs – Yllana e Nacho Vilar – Madrid-Murcia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).
23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Othelo (termina mal) – Gabriel Chamé-Buendia Theatre – Arxentina.
00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.
Día 23 // MARTES
11:00-14:00 e 16:00-19:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de Darkclown con Peta Lily. Nivel 1.
12:30 – Igrexa da Madalena. Inauguración da exposición “A Casa Vella”.
20:00 – Santo André. Museo do Viño – Vestirme de ti – Nuria Sotelo e Clara Ferrao – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).
21:00 – A Veronza – H – Les Corcoles – Cataluña- Francia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).
23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Eclipse total – El pont flotant – Comunidade Valenciana.
00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.
Día 24 // MÉRCORES
11:00-14:00 e 16:00-19:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de Darkclown con Peta Lily. Nivel 2.
20:30 – Alameda (Ruadavia) – Mortos de risa – Los Galindos – Cataluña.
23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Villa – Guillermo Calderón & Festival Santiago a Mil – Chile.
00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.
Día 25 // XOVES
11:00-14:00 e 16:00-19:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de Darkclown con Peta Lily. Nivel 2.
20:00 – Sampaio – Ciganí – Antón Coucheiro – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).
23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – En mitad de tanto fuego – Miramedia e Festival GREC – Madrid-Cataluña.
00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.
Día 26 // VENRES
12:30 – Igrexa da Madalena. Encontro-coloquio “Teatro público. Inlusión e outros dereitos. 40 anos do CDG”.
21:00 – San Cristovo – Mute – Cia. Orain Bi – País Vasco. (Programa SputMIT – satélites da MIT).
23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Nada se sabe – CDG e Culturactiva – Galicia.
1:00 – Club Artístico – Cancións amarelas, flores tristes – Manekineko – Galicia. (Sesión Golfa)
Día 27 // SÁBADO
12:30 – Igrexa da Madalena. Presentación de libros e resolución do Premio Abrente 2024.
19:00 – Casa da Cultura. Proxección do documental de Abrente, de Xan Leira.
21:00 – Praza Buxán-Igrexa da Madalena – Mover montañas – Alberto Velasco. Madrid-Castela León.
23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Iribarne – ButacaZero, CDN e MIT – Galicia.
No Comments